Enfoque e alcance
Tempo Exterior é unha publicación semestral elaborada polo IGADI que analiza conflitos e problemas internacionais de certa actualidade. Refundada en 2000, Tempo Exterior abarca todas as tendencias e correntes de pensamento e conta coa colaboración de especialistas de recoñecido prestixio de destacadas institucións de Galicia e do exterior
Tempo Exterior é a única revista de carácter científico e temática internacional editada nunha das linguas cooficiais do Estado, o galego. A súa difusión espállase por España, ademais de a Portugal e a unha ducia de países de América Latina, en boa medida grazas á presenza da diáspora galega e á composición do Consello Científico da revista. Á súa vez, o Tempo Exterior mantén acordos de intercambio con numerosas universidades e centros de estudo de todo o mundo.
Tras máis de dúas décadas de Xulio Ríos, fundador e Presidente de Honra do IGADI, coma director do Tempo Exterior, no 2020 iniciouse unha nova etapa. Daniel González Palau (Director do IGADI), dinamizou a renovación do Consello de Redacción, coa participación de 7 investigadores de 7 grupos de investigación da universidade galega, e a designación dun novo director, Celso Cancela, profesor da Universidade de Vigo. Tamén durante o 2019 e o 2020 actualizouse o Consello Científico da revista, contando con 25 investigadoras, de Europa, as Américas e China.
Frecuencia de publicación
Semestral
Declaración de acceso aberto
A revista Tempo Exterior ofrece acceso libre e gratuíto aos seus contidos. Tempo Exterior non cobra ningunha cantidade aos autores. A revista opera no marco dunha licenza Creative Commons de Reconocimiento 4.0 Internacional (CC BY 4.0). As persoas que empregan os artigos publicados en Tempo Exterior deben recoñecer a autoría destes e a publicación na que están incluídos. Ademais, deben proporcionar un vínculo á licenza e indicar que se realizaron modificacións.
