Proceso editorial

Sección Monográfica

Envío

A Secretaría será a responsable da recepción do manuscrito e da comprobación do cumprimento dos criterios formais especificados na sección de Envío e Directrices para Autores/as. No caso de incumprimento o envío será devolto para a emenda dos aspectos formais.

A continuación, a Secretaría e a Dirección da revista, asignarán os manuscritos a persoa Coordinadora dos traballos asociados a sección Monográfica. A persoa encargada de coordinar a sección fará unha primeira avaliación dos traballos recibidos.

Revisión por Pares

Trala primeira avaliación positiva, os traballos recibidos serán enviados a un mínimo de dúas persoas alleas ao Consello de Redacción. A Secretaría e Coordinación da sección realizan as tarefas de seguimento das avaliacións. Este paso, implica os envíos dos artigos aos avaliadores, a aclaración de dúbidas e o envío de recordatorios en caso de retraso. Recibidas as avaliacións, a Coordinación da sección Monográfica realizará un informe final onde aparezan resumidos e integrados os comentarios realizados nas diferentes revisións

Decisión Editorial

A Dirección da revista tomará unha decisión, en función do informe elaborado polo Coordinador/a da sección Monográfica, que implicará as seguintes posibilidades:

-Aceptación do envío

-Solicitude e recomendación de cambios menores

-Solicitude e recomendación de cambios maiores

-Rexeitamento do envío

Sección Miscelánea

Envío

A Secretaría será a responsable da recepción do manuscrito e da comprobación do cumprimento dos criterios formais especificados na sección de Envío e Directrices para Autores/as. No caso de incumprimento o envío será devolto para a emenda dos aspectos formais. A continuación, a Secretaría e a Dirección da revista realizarán unha primeira avaliación dos traballos recibidos.

Revisión por Pares

Trala primeira avaliación positiva, os traballos recibidos serán enviados a un mínimo de dúas persoas alleas ao Consello de Redacción. A Secretaría a Dirección da revista realizan as tarefas de seguimento das avaliacións. Este paso, implica os envíos dos artigos aos avaliadores, a aclaración de dúbidas e o envío de recordatorios en caso de retraso. Recibidas as avaliacións, a Dirección da revista realizará un informe final onde aparezan resumidos e integrados os comentarios realizados nas diferentes revisións

Decisión Editorial

A Dirección da revista tomará unha decisión, en función do informe e das avaliacións recibidas, que implicará as seguintes posibilidades:

-Aceptación do envío

-Solicitude e recomendación de cambios menores

-Solicitude e recomendación de cambios maiores

-Rexeitamento do envío